lunes, 6 de marzo de 2023

A influencia das TIC na sociedade actual

 As TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) son solucións innovadoras e disruptivas que cambiaron a forma de executar tarefas, levar a cabo procesos e medir resultados no ámbito empresarial. As TIC nacen a partir dos avances científicos producidos nos ámbitos da informática e a comunicación, sendo a súa máxima expresión Internet, o que supuxo unha revolución e redefiniu a forma de relacionarse e comunicarse das persoas.


Non só revolucionaron a tecnoloxía, senón que supuxeron un gran cambio para o mundo en xeral. Este tipo de tecnoloxía conta cunha serie de características que podemos englobar en dous grandes grupos como son o tecnolóxico e o social. Dentro destes dous grandes grupos atopamos unha serie de características máis específicas moi representativas da sociedade actual: carácter innovador, interactividade, interconexión, instantaneidade, dixitalización e penetración.


Aínda que as TIC, por norma xeral, ofrecéronnos máis ventaxas que desventaxas, cabe destacar que existen ambas vertentes. As ventaxas máis destacadas son:


  • Interacción sen barreiras xeográficas.

  • Accesibilidade e diversidade de coñecementos e información.

  • Grandes beneficios para a sociedade en sectores de gran importancia como son a educación e a saúde.

  • Aforro de tempo e custos  ao poder acceder á información e comunicarnos dunha forma máis rápida e sinxela.


Non obstante, facer un mal uso d TIC pode ter como consecuencias serias desvantaxes:


  • Autoexclusión social e illamento.

  • Perda de identidade e privacidade.

  • Sobreinformación.

  • Alteracións da conduta

  • Cambios nos ritmos de sono



Vídeo mensaxe




Mediante a realización deste blog en blogger aprendimos moito.


Por unha parte, aprendimos a crear un blog e a editalo, creando novas entradas e novas páxinas con diversos contidos. 


Por outra parte, serviunos de axuda para mellorar a nosa capacidade de síntese e redacción ao facer os ensaios e tamén a fomentar a nosa imaxinación ao engadir información que pensabamos nós. 


Ademais, aprendimos moito sobre diferentes ferramentas como a realidade aumentada e a ferramente cbox das que apenas sabiamos nada antes. 


En conclusión, analizando a carga de traballo co que aprendimos pensamos que esta práctica debería levar unha cualificación de 8.


Análise dos Edublogs na formación inicial do profesorado

 Os blogs son un exemplo de tecnoloxía​ da Web 2.0 o que implica que sexan unha ferramenta que permite a calquera usuario que publique o que queira sen necesidade dunha gran cantidade de coñecementos técnico​-informáticos ​previos. (Cakir, 2013).

Isto é de gran importancia pois permite a implicación, nun contexto escolar,  de todo o alumnado sen que sexa precisa a adquisición dunha gran cantidade de coñecementos previos. Outra vantaxe que teñen os blogs é que proporcionan interacción, un elemento ausente nas páxinas estáticas. É de gran interese esta cualidade xa que unha páxina activa onde é posible a interacción aumenta o nivel de satisfacción dos/as estudantes/as debido a  que poden crear, modificar e traballar en colaboración cos demais, o que permite unha aprendizaxe máis significativa e eficaz.

A integración deste tipo de páxinas​ no contexto escolar crea un enfoque combinado da instrución​​​. O uso dos blogs no proceso de ensinanza e aprendizaxe producen un aumento na calidade das reflexións​ dos estudantes e na formación de mestres previos ao servizo. Isto demostra que son unha ferramenta de gran utilidade ​no proceso de ensinanza polo que é necesaria unha maior comprensió​n do uso destes en entornos educativos para que dalgú​n xeito os mestres e estudantes aumenten aínda máis a eficacia dos blogs nos entornos escolares e aproveitar así ao máximo as vantaxes que aportan ao proceso ​educativo.

O uso dos blogs serve para fomentar a aprendizaxe baseada en competencias, que é un enfoque da educación centrado na demostración dos resultados de aprendizaxe desexados como o centro do proceso de aprendizaxe do/a estudante. Segundo Pinya & Roselló (2016), a finalidade de aprender por competencias é acadar unha maior adquisición de habilidades e coñecemento que poden servir para mellorar as interaccións na nosa vida profesional e na persoal. Este tipo de aprendizaxe sepárase moito dos sistemas tradicionais baseados na memorización implicando unha aprendizaxe constante e un bo manexo das habilidades, é dicir, unha aprendizaxe activa. As competencias son máis que simples coñecementos, pois tamén implican habilidades para saber reaccionar en situacións específicas. 

En conclusión, a integración da tecnoloxía nos procesos de aprendizaxe é un esforzo a largo plazo pero debemos contribuír a súa integración porque como xa vimos son máis as vantaxes que nos pode proporcionar que as desvantaxes. Para unha boa integración das TIC nos contextos escolares requírese en primeiro lugar da formación previa do profesorado, este proceso é difícil pero este tipo de webs como son os blogs non requiren apenas aprender software do desenvolvemento web, polo que introducir contido e comentar entradas convértese nun proceso de gran utilidade e sobre todo sinxelo.




Cakir, H. (2013). Use of blogs in pre-service teacher education to improve student engagement, Computers & Education, 68, 244-252. doi: https://doi.org/10.1016/j.compedu.2013.05.013


Pinya, C. & Rosselló, M. R. (2016). Using blogs to be aware of the development and adoption of professional skills. Education and Information Technologies, 21(5), 1055-1070. doi: https://doi.org/10.1007/s10639-014-9367-z


A influencia das TIC na sociedade actual

  As TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) son solucións innovadoras e disruptivas que cambiaron a forma de executar tarefas, le...